
Equipo de medio ambiente e sostibilidade da Escola Oficial de Idiomas de Lugo
O blog do EMAS da EOI de Lugo
Unha escola máis sostible constrúese entre todas e todos
O que facemos

Melloramos a escola
Impulsamos accións concretas para facer do centro un espazo máis sostible, como os puntos de reciclaxe ou novos espazos de convivencia.

Club de lectura
Organizamos un club de lectura para alumnado e profesorado arredor da sostibilidade, o medio ambiente e os retos do presente.

Conectamos con Europa
Participamos en mobilidades Erasmus+ para coñecer proxectos europeos, intercambiar experiencias e traer novas ideas á EOI de Lugo.

Unha escola máis sostible
Nos últimos cursos puxéronse en marcha distintas actuacións para facer da EOI de Lugo un espazo máis sostible, agradable e pensado para a comunidade educativa.
Entre elas:
- Instaláronse colectores de reciclaxe nos corredores para facilitar a separación dos residuos.
- Colocouse unha mesa de pícnic na zona de aparcadoiro, creando un novo espazo exterior para o descanso, a convivencia e o aproveitamento dos espazos da escola.
Estas pequenas intervencións forman parte dun proceso continuo de mellora do centro.
Últimas novas
Queres formar parte do EMAS?
Participa nas actividades, comparte as túas ideas e axúdanos a facer da EOI de Lugo unha escola máis sostible.



